lunes, 1 de octubre de 2007

ERIC CARLE...por aclamación popular!!

En educación infantil, Eric Carle ten xa un alcume: O preferido
Por que será?

miércoles, 25 de abril de 2007

Piratas en infantil



Esta adaptación da historia dun famoso pirata leva dado moito que falar entre os máis pequechos da escola.

Piratas no terceiro ciclo








Uns minutiños cada día de lectura en voz alta...

Esta é a historia que os maiores andamos a compartir.

Hoxe non eramos quen de parar a lectura... está tan interesante!!!

miércoles, 28 de marzo de 2007

Algún dos libros informativos que consultamos - Proxecto "Son do mar"

Velaí algún dos libros que nos informan na nosa pescuda sobre navegantes históricos, piratas que existiron ...e outras xentes que foron e Son do mar .



Piratas de ficción - Proxecto "Son do mar"

Neste traballo que andamos a facer sobre as xentes que foron e Son do mar, compartimos lecturas cheas de pescadores, mariñeiros, grandes navegantes de ficción, como Simbad e Ulises e... terrrrribles piratas!!
Estas dúas historias escoitámolas todos xuntos e viaxan en préstamo, nas mans dos pequechos.

lunes, 26 de marzo de 2007

Algúns libros de Farias - Proxecto "Son do mar"



Coñecimos, con este tema, dous libros de Juan Farias que xa navegaban pola nosa Biblio:
El Grumete: presentado para os máis grandotes
Algunos niños, tres perros y más cosas: todos xuntos escoitamos na Hora do conto o relato La memoria de un catalejo.